- Ratificáronse puntos que necesitaban dunha modificación nos proxectos, como a pavimentación e renovación do suministro de auga en Chantada, ademais da instalación dunha nova EDAR en Paderne de Abaixo, a pavimentación de viais en Adragonte, o acondicionamento da Casa Consistorial, o nomeamento da xuíza de paz e a mellora da estrada Bión-Vigo.
- Ademais, aprobouse destinar 33.783,71 euros do Plan Único 2026 da Deputación da Coruña á pavimentación dunha vía en Souto.
O Concello de Paderne celebrou esta mañá unha sesión plenaria extraordinaria na que a corporación municipal aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno e do Bloque Nacionalista Galego e a abstención do grupo popular e do concelleiro non adscrito, dixitalizar o inventario municipal de camiños.
A empresa Compass Soluciones de Ingienería y Arquitectura S.L.P. será a encargada de realizar o compendio, que incluirá os tramos de paso do concello co obxectivo de actualizar a súa situación xeográfica e solventar posibles dúbidas de propiedade.
Acadada a súa posta en marcha, habilitarase un prazo dun mes para que a veciñanza poida consultar o novo mapa e presentar as alegacións que estimen oportunas. Os horarios para ditas reclamacións veciñais aínda non están establecidos. Dende o executivo informan que se porán a traballar canto antes nesta cuestión para informar na menor brevidade de tempo posible.
Ademais, acordouse destinar 33.783,71 euros do Plan Único 2026 da Deputación da Coruña á pavimentación dunha vía en Souto.
Ratificáronse puntos que necesitaban dunha modificación nos proxectos, como a pavimentación e renovación do suministro de auga en Chantada, ademais da instalación dunha nova EDAR en Paderne de Abaixo, a pavimentación de viais en Adragonte, o acondicionamento da Casa Consistorial, o nomeamento da xuíza de paz e a mellora da estrada Bión-Vigo.
Finalmente, acordouse tamén por unanimidade o nomeamento de María Esther Grandal González como a xuíza de paz de Paderne, quen xa figuraba no cargo.
O alcalde, Sergio Platas, agradeceu “o sentido de responsabilidade do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego para contribuir a que o inventario municipal de camiños estea actualizado e dixitalizado. Cómpre destacar que isto é unha aprobación inicial e que a partir de agora estará aberto un prazo de alegacións para que a veciñanza poida facer as consultas que estimen necesarias.”



