Home A Coruña Paderne consolida a súa Feira GastroLexítimo co apoio permanente da Deputación da...

Paderne consolida a súa Feira GastroLexítimo co apoio permanente da Deputación da Coruña

- Anuncio -

 A entidade provincial contará cun espazo propio no evento para promocionar os produtos locais, segundo acordaron esta mañá o equipo de goberno de Paderne e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

O Concello de Paderne consolida a súa Feira GastroLexítimo. Tras a estrea no 2024 do evento herdeiro da Mostra do Branco Lexítimo, o municipio celebrará no 2025 unha segunda edición máis consolidada grazas ao apoio da Deputación da Coruña. Así o confirmaron esta mañá tanto o alcalde padernés, Sergio Platas, como o vicepresidente provincial, Xosé Regueira. Fixérono durante a reunión de traballo entre o responsable de Turismo e o equipo de goberno local celebrada esta mañá no Consistorio de Paderne.
Froito deste acordo, a Deputación da Coruña terá unha participación activa na Feira GastroLexítimo. Dita participación cristalizará na presenza dun stand propio no evento para promocionar os produtos locais, algo que Regueira considerou como “un orgullo”, xa que o evento “encaixa á perfección” coa campaña turística e gastronómica ‘A provincia que sabe’ e que “celebra a identidade da comarca, da provincia e do país”.
O vicepresidente provincial recalcou a relevancia de que a Feira Gastrolexítimo se celebre “nunha aldea singular, involucrando a toda a veciñanza, dun concello rural que forma parte dun territorio como a Reserva da Biosfera, fundamental para o turismo da provincia e que está xogando un papel clave no fomento da gastronomía centrada no quilometro cero e de calidade, e nos produtos artesanais”. Por todo iso, destacou que a Feira GastroLexítimo é un espazo “de especial interese para a Deputación”.
Pola súa banda, o alcalde de Paderne, Sergio Platas, quixo agradecer de xeito moi rotundo o apoio da Deputación da Coruña a un evento que aínda que aspira a consolidarse como unha referencia no calendario gastrocultural da comarca e da provincia, “aínda está a dar os seus primeiros pasos”. “O viño Branco Lexítimo, a gastronomía autóctona e a tradición déronse a man no Concello de Paderne para encher o lugar de Esperela de centos de persoas o pasado ano. A resposta foi moi boa, pero a nosa aspiración é que esta proposta siga medrando. Por iso a presenza da Deputación é un apoio fundamental”, recalcou Platas.
A Feira GastroLexítimo celebrou a súa primeira edición o 29 de xuño do 2024. Naceu como evento de exaltación da variedade branco lexítima de viño, a gastronomía e a cultura locais. Celébrase no lugar de Esperela, no rural padernés, grazas á colaboración da veciñanza, que cede parte das súas propiedades para converter o espazo nun escenario autóctono e inigualable.

Relacionadas

O Concello de Ribeira aproba por unanimidade o POS+ para o financiamento de gastos...

0
Hoxe celebrouse o primeiro pleno do ano 2025 nunha sesión extraordinaria na que se debateu para a súa posterior votación a participación no Plan...

O alcalde reúnese coa nova xunta directiva de AXOBER para abordar  temas clave do emprego e...

0
José Manuel López Varela agradeceulles a iniciativa e manifestou o compromiso do Concello coa creación do entorno favorable para fomentar a actividade empresarial. O alcalde...

O Concello destina 54.641 euros para reforzar a área de Servizos Sociais

0
• Hoxe, venres 10 de xaneiro, aprobouse en pleno a proposta para o Plan Único Adicional da Deputación dá Coruña. O Concello de Miño aprobou...

Retiran a partir do luns o tellado de uralita con amianto da Casa da...

0
O Concello informa de que o inmoble permanecerá pechado en tanto se realicen as tarefas de desamiantado O Concello de Neda informa do arranque efectivo...

O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para...

0
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento....

Alternativa logra a mellora da sede electrónica do Concello de Culleredo

0
O novo portal simplifica e facilita os trámites da veciñanza O pasado día 1 de xaneiro comezou a estar operativa a nova sede electrónica do...

Publicacións Relacionadas