Home A Coruña Paderne, escenario dunha proba de orientación este sábado

Paderne, escenario dunha proba de orientación este sábado

- Anuncio -

 O evento ‘Orientación Ano Novo’ desenvolverase a través dun adestramento balizado, un rogaine nocturno e unha proba de media distancia

 Está organizado polo Club Orientación O Pasatempo de Betanzos

Paderne converterase este sábado, 11 de xaneiro, no escenario dunha proba de orientación. O evento ‘Orientación Ano Novo’, organizado polo Club Orientación O Pasatempo de Betanzos, desenvolverase a partir de tres probas: un adestramento balizado, un rogaine nocturno e unha proba de media distancia.
O sábado pola mañá celebrarase o adestramento balizado. Mentres, a partires das 14:30 horas comezarán as saídas da Media Distancia de Nadal de Paderne. A meta da proba pechará ás 17:00 horas, 60 minutos antes do inicio do Rogaine Nocturno, que contará con modalidades de unha, dúas ou tres horas.
O Telleiro será a zona de concentración e accesos para un evento no que as persoas interesadas puideron anotarse ata o pasado martes, fosen ou non iniciadas ao deporte.
O mapa da proba foi realizado por David Casado Bravo. De xeito orixinal, deseñouse para o Campionato de España de Rogaine de hai xa varios anos, pero foi revisado o pasado mes. A zona actual non foi nunca usada para a orientación a pé, polo que se pode considerar que será unha nova área con gran diversidade de terreos que dá lugar a un mapa labiríntico con abundancia de camiños.
A organización sinala que para optimizar os trazados, os deportistas deberán navegar polos bosques de Paderne ou seguir outras referencias lineais como muros.

Relacionadas

A segunda fase do parque empresarial de Bértoa pasa de cero a 151 naves...

0
As primeiras empresas en instalarse no polígono de promoción pública empezaron cos trámites no 2011No ano 2011 iniciáronse os trámites para a construción das...

O goberno local presenta a súa proposa para destina os Fondos do POS+ Adicional 2025 

0
Esta cuestión, que foi sometida hoxe a ditame da Comisión Informativa, será elevada ao Pleno extraordinario que se celebrará o martes. A Comisión Informativa de...

Cáritas de Aguiño fai unha chamada a participar na VI Milla/Andaina Solidaria “Heroínas de...

0
Hoxe congregáronse no paseo do Touro o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de...

O Concello e a USC organizan a xornada “Os desafíos do turismo sostible” o...

0
A xornada da continuidade ao traballo de recollida de opinións sobre o sector que se levou a cabo nos “foros de turismo” no pasado...

O centro iSlow de Laxe consolídase como referente no impulso ao emprendemento no rural...

0
• O alcalde, Francisco Charlín, recibiu esta mañá ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e ao secretario xeral de Emprego e...

Ciclo de concertos na Fábrica durante todos os sábados de febreiro

0
O Concello organizará no auditorio da Fábrica, en Perillo, o XII Ciclo de música Voces cálidas para noites de inverno. Os grupos participantes serán...

Publicacións Relacionadas