HomeA CoruñaPaderne retoma as saídas socioculturais no 2026 coa excursión á Guarda e...

Paderne retoma as saídas socioculturais no 2026 coa excursión á Guarda e a Tui

- Anuncio -spot_img

• A cita terá lugar o sábado 14 de marzo e inclúe unha visita guiada ao Monte de Santa Tegra.

• As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 981 79 70 01 ou escribindo ao enderezo electrónico cultura@concellodepaderne.com antes do 11 de marzo.

A saída á Guarda e a Tui non é a primeira que organiza o Concello de Paderne, pois no pasado ano xa se levaron a cabo outras excursións por varias localizacións de Galicia. O éxito das anteriores leva ao goberno local a programar a do próximo sábado, 14 de marzo.
Trátase da primeira saída sociocultural do 2026 e visitaranse as poboacións da Guarda e Tui, incluíndo ao Monte de Santa Tegra, onde recibirán unha visita guiada.
A Casa do Concello será o lugar de encontro e ás 8:30 horas comezará a aventura cara a provincia pontevedresa. Alí, as persoas participantes poderán pasear polas cidades, visitar os seus recunchos característicos e xantar nos seus mellores restaurantes.
A actividade está dirixida para a veciñanza empadroada en Paderne e o prezo de inscrición é de 35 euros. As prazas son limitadas, polo que é recomendable chamar ao 981 79 70 01 ou escribir ao enderezo electrónico cultura@concellodepaderne.como antes do vindeiro mércores, 11 de marzo.

Publicacións Relacionadas