HomeA CoruñaPadrón non organizará este ano cabalgata de Reis como medida de prevención...

Padrón non organizará este ano cabalgata de Reis como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19

- Anuncio -spot_img

Difundirá un vídeo das Súas Maxestades a través das Redes Sociais

O Concello de Padrón lamenta informar de que este ano non organizará a tradicional cabalgata de Reis, como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19 nas últimas semanas e que teñen ao municipio en situación de vixilancia especial por parte do comité clínico da Consellería de Sanidade. 

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “tiñamos preparado facer unha cabalgata polas parroquias para así evitar aglomeracións pero diante do aumento de casos e seguindo os consellos das autoridades sanitarias finalmente tomamos a decisión de non facela este ano para evitar riscos e previr a extensión do virus”. O Concello de Padrón divulgará mañá martes a través das súas redes sociais un vídeo das Súas Maxestades dirixido aos nenos e nenas do municipio.

O que si se mantén é o tradicional Concerto de Reis, organizado pola Banda Municipal de Padrón e o Concello de Padrón, que terá lugar o mércores 6 de xaneiro, ás 19:00 horas, no auditorio municipal. O programa inclúe un total de dez pezas clásicas interpretadas polo grupo de saxofóns, pola sección de vento madeira e percusión e pola sección vento metal e percusión que van dende a gran marcha de Aída ata a panxoliña “All I want for Christmas is you” de María Carey, pasando pola Muiñeira de Cuncheiro. O aforo é limitado e as entradas poden recollerse no Centro Social de Padrón, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Publicacións Relacionadas