HomeA CoruñaPecha o prazo de candidaturas con Aitor Bouza como único aspirante a...

Pecha o prazo de candidaturas con Aitor Bouza como único aspirante a revalidar a Secretaría Xeral do PSdeG compostelán

- Anuncio -spot_img

A Secretaría de Organización da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago informa que, unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, só se rexistrou unha proposta para a Comisión Executiva Municipal da agrupación, encabezada polo actual secretario xeral, Aitor Bouza.

Esta elección enmárcase dentro dos procesos de renovación que comezou o Partido Socialista dende o Congreso Federal.

A súa proclamación formal terá lugar no marco da Asemblea Extraordinaria que se celebrará este sábado, ás 11:00 horas, na sede da agrupación socialista en Santiago.

Publicacións Relacionadas