HomeA CoruñaA CoruñaPeixe da Lonxa da Coruña achega os sabores do mar ao mercado...

Peixe da Lonxa da Coruña achega os sabores do mar ao mercado de Elviña, cunha degustación gratuíta

- Anuncio -spot_img

Ofrecéronselle á clientela varias receitas feitas con produto local

O Concello volve respaldar este ano a campaña de promoción do peixe da lonxa coruñesa, dentro do seu compromiso coa economía sostible e co produto local. Neste sentido, hoxe celebrouse unha nova xornada do programa Peixe da Lonxa da Coruña, que busca achegar á xente a calidade dos produtos do mar que cada día chegan ao porto da cidade.

O mercado municipal de Elviña foi o escenario dunha degustación gratuíta, elaborada pola escola de hostalería Álvaro Cunqueiro, aberta a todos os clientes e visitantes. En representación do Concello, estivo presente no acto Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados. “Na Coruña temos produtos de primeira calidade, e temos que reivindicalos”, subliñou.

O selo Peixe da Lonxa da Coruña foi impulsado a iniciativa da alcaldesa, Inés Rey, para recoñecer as peixarías e o peixe da lonxa coruñesa como marca de calidade. Desde entón, celebráronse diversas iniciativas en distintos puntos da cidade para achegar os sabores marítimos de aquí ás veciñas e veciños da cidade. Todo isto foi posible grazas á sinatura dun convenio de colaboración coa Fundación para o Rendemento Económico Mínimo Sustentable e Social (FREMSS), que serve tamén para distribuír o selo de calidade nas peixarías e locais do sector.

Ademais, este programa tamén se marcou como obxectivo fundacional a promoción dunha alimentación equilibrada, poñendo ao dispor do público ingredientes e receitas pensados para enriquecer a dieta atlántica.
A degustación ofrecida hoxe aos clientes do mercado foi:
– Peixe con chilimojili
– Okonomiyaki de langostino e panceta
– Ramen de cabala afumada e sobrasada
– Tokoyaki de polvo en pani puri
– Gilda con encurtidos e velo de vermú
– Taco de berenxena con Rillette de atún

Publicacións Relacionadas