HomeA CoruñaPepe Mújica axuda a Oleiros a felicitar as festas cunha mensaxe inspiradora

Pepe Mújica axuda a Oleiros a felicitar as festas cunha mensaxe inspiradora

- Anuncio -spot_img

Felicitar ás festas de nadal á veciñanza é o motivo principal do vídeo que puxo en marcha o Concello de Oleiros cunha mensaxe profundamente humanista e esperanzadora. A frase do remate, coa voz de Pepe Mújica, resume o seu espírito: “Triunfar en la vida no es ganar. Triunfar en la vida es levantarse y volver a empezar cada vez que uno cae”.

Antes, a breve felicitación percorre distintas paisaxes do municipio a través de persoas que camiñan, con máis ou menos dificultades, e incluso algunha delas tropeza e cae, pero volve en si para emprender a súa ruta.

A peza audiovisual será difundida a través das distintas páxinas do Concello.

VER VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=sGPSRtmKOmY

Publicacións Relacionadas