Home A Coruña Pilar Lueiro salienta a colaboración do Concello de Santiago nas festas parroquiais...

Pilar Lueiro salienta a colaboración do Concello de Santiago nas festas parroquiais e destaca o seu papel como “dinamizador das comunidades”

- Anuncio -

A Concelleira de Festas e Relacións Veciñais reafirma o compromiso do Concello de Santiago co desenvolvemento das festas parroquiais e dos barrios

Pilar Lueiro destacou a importante colaboración do Concello de Santiago coas festas parroquiais e dos barrios da cidade e reivindicou o papel destas como “dinamizador das comunidades”.
“As festas son moito máis que simples celebracións, son unha oportunidade de fortalecer o tecido social e un gran motor para o desenvolvemento económico”, asegurou a concelleira de Festas e Relacións Veciñais.

O Concello de Santiago aposta polo investimento nestes eventos porque, tal e como asegurou Lueiro, “reafirman a nosa identidade colectiva a preservan as tradicións”. Segundo a concelleira, un dos principais obxectivos da colaboración coas festas parroquiais é adaptar esas tradicións aos tempos modernos, asegurando a continuidade destas para as futuras xeracións.
Este obxectivo refórzao o Concello de Santiago colaborando asiduamente con actuacións de grupos musicais actuais, aluguer de inchables para a cativada, asociacións de gaiteiros e bailes tradicionais, xogos populares, etc. “Este ano quixemos facilitarlle o traballo ás comisións de festas e asociacións evitando a entrega de papelame e comprobantes de pagamento, só tiñan que entregar unha solicitude cuberta”, engadiu Pilar Lueiro.

A concelleira de Festas e Relacións Veciñais salientou o afán do Concello de Santiago para que “xente de todas as idades poida compartir e gozar dos eventos, involucrando a todos os sectores da sociedade e apostando por un ocio diverso e inclusivo”.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas