Home A Coruña Poda de kiwis e de árbores froiteiras, enxertos e construción de trampas...

Poda de kiwis e de árbores froiteiras, enxertos e construción de trampas para a velutina: Paderne ofrece catro cursos gratuítos entre febreiro e abril

- Anuncio -

 O ciclo de obradoiros conforma a Campaña de Sensibilización Ambiental do municipio neste 2025

 As inscricións poden concretarse a través do mail correo@concellodepaderne.com ou chamando á Casa Consistorial

Poda de kiwis, poda de árbores froiteiras, obradoiro de enxertos e construción de trampas para a captura da vespa velutina. Son os catro cursos gratuítos que conforman a Campaña de Sensibilización Ambiental do Concello de Paderne neste 2025 e que se celebrarán na Casa Consistorial ao longo de seis sesións entre febreiro e abril.

O goberno local aposta por reeditar unhas formacións que o pasado ano xeraron moito interese entre a súa veciñanza e volverá a ofertar de xeito gratuíto. Faino como parte do seu plan para ofrecer á poboación ferramentas teórico-prácticas para o coidado da contorna natural.
A primeira formación no calendario será o Obradoiro de Poda de Kiwis. Está previsto para o sábado 15 de febreiro ás 10:30 horas. Case un mes despois, o mércores 12 de marzo, o Concello abrirá as súas portas ás 19:00 horas para acoller o Obradoiro de Enxertos vexetais. Tres días despois, o sábado 15 de marzo, será o Obradoiro de Poda de Árbores Froiteiras o que se celebre na Casa Consistorial a partir das 10:30 horas.

Por último, o Obradoiro de Construción de Trampas para Captura de Vespa Velutina. Esta será unha formación máis longa, de tres sesións. A primeira será o mércores 5 de marzo. A segunda, o día 26. A terceira, o 9 de abril. Celebraranse todas a partir das 20:00 horas e nelas agasallarase aos asistentes con produto ‘atraínte’ para as vespas co obxectivo de que os alumnos e alumnas desenvolvan as ensinanzas adquiridas entre sesións.

As inscricións poden concretarse desde xa chamando ao teléfono do Concello (981797001) ou escribindo un mail a correo@concellodepaderne.com.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas