Home A Coruña PODEMOS Cambre pide os datos que avalan os turnos de recheo de...

PODEMOS Cambre pide os datos que avalan os turnos de recheo de picisnas por parroquias

- Anuncio -

A formación morada expresa escepticismo sobre as declaracións do alcalde García Patiño

Despóis das declaracións do Alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, nas que culpaba da turbiedade da auga ó enchido das piscinas e os traballos de rego, Podemos Cambre reuniuse coas veciñas do Concello e presentou unha solicitude en nome destas nas que preguntaba polo número total de piscinas, tanto de titularidade municipal como de titularidade privada, dentro dos límites do Concello, así como a cantidade de auga en metros cúbicos desglosada por parroquias.

A formación morada segue a espera de que o Concello lles proporcione estes datos, pois entende que “a proposta do alcalde de crear un sistema de quendas por parroquias para o recheo de piscinas ten que basearse nun estudo previo destes datos. Sen eles, a proposta sería unha ocorrencia máis de Patiño para desviar a atención da súa mala xestión no servizo de auga”.

Podemos Cambre expresou a sua proposta de que o Concello aplique un desconto por iniciativa propia no recibo a todos os usuarios afectados que reclamasen, e de que asuman o coste económico das reparacións necesarias en electrodomésticos, substitución de filtros, e outros danos consecuenciais. A formación insiste en que, de non producirse ningún tipo de subsanación de oficio por parte do Concello, emprenderán as accións pertinentes para reclamalas.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas