Home Eume A Capela Politica Social leva o Programa Xantar na Casa aos veciños do concello...

Politica Social leva o Programa Xantar na Casa aos veciños do concello da Capela

- Anuncio -

Ata dez veciñas e veciños deste municipio coruñés recibirán nas súas vivendas unha dieta equilibrada, de calidade e axustada ás súas necesidades

A Xunta leva o programa Xantar na casa ao concello da Capela, o último en incorporarse ata agora a esta iniciativa que xa está implantada en 185 municipios de toda Galicia. Ata un máximo de dez veciñas e veciños desta localidade coruñesa recibirán nas súas vivendas unha dieta equilibrada, de calidade e axustada as súas necesidades.

O Xantar na casa desenvólvese en coordinación cos servizos sociais municipais, o que permite realizar un labor de prevención e vixilancia da situación destas persoas, posto que o reparto de comidas supón manter con elas un contacto regular. O prezo de cada menú diario é de 6,60 euros, dos que a Xunta achega 3,08; o Concello, 1,76; e a persoa usuaria outros 1,76 euros.

Coa incorporación da Capela, o Executivo autonómico segue a estender esta iniciativa, que a día de hoxe chega a máis de 1600 galegas e galegos. Así, neste ano 2021 o Xantar na casa entrou en funcionamento en Melide e ampliouse o número de persoas usuarias en San Sadurniño, que pasou de 7 a 20; e en Porto do Son, onde aumentou de 15 a 25.

Reparto de máis de 45.000 comidas ao mes
A Xunta de Galicia destina a este programa 2,3 millóns de euros ao ano. A través deste servizo repártense directamente nos domicilios das persoas beneficiarias arredor de 45.200 comidas cada mes.

Relacionadas

A Xunta inviste 2M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas de Turismo de Galicia para a diversificación do turismo nos concellos de...

Rueda destaca o compromiso da xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento...

0
— Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10% máis que no 2023 — Salientou que a investigación é fundamental para...

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

Publicacións Relacionadas