HomeA CoruñaPonteceso avanza na apertura inminente da Casa do Maior da Campara cunha...

Ponteceso avanza na apertura inminente da Casa do Maior da Campara cunha xornada de portas abertas

- Anuncio -spot_img

· Será o sábado, 24 de xaneiro, e servirá para dar a coñecer o resultado das obras, financiadas cunha axuda autonómica de 53.153 euros.

A nova Casa do Maior da Campara está a piques de ser unha realidade. Tanto é así, que o sábado, 24 de xaneiro, ás 11.30 horas terá lugar a xornada de portas abertas, un evento ao que asistirán o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. O rexedor subliña que será un día “importante para Ponteceso no que se dará un novo paso cara as políticas de benestar e envellecemento activo no concello”.

Coa apertura desta instalación, que se financiou cunha axuda da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria de 53.153 euros, o Concello verá ampliada a súa carta de servizos e prestacións para os veciños e veciñas de máis idade. Tal e como apunta o primeiro edil, trátase da terceira casa do maior que se inaugurará desde a súa chegada á Alcaldía. A da Campara sumarase ás do Couto.

A xornada do día 24 servirá para presentar o resultado das obras executadas e para explicar os servizos que estarán dispoñibles nesta nova dependencia, situada no local social da Campara.

Publicacións Relacionadas