Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 13 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo

adminON
Lectura mínima de 2

O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 13 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 8, desde as 11:30 horas.

Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:30 horas, no Parque Luís Seoane desde as 11:30 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 12:00 horas.

Pola tarde celebrarase o gran musical MAMMA MIA! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola municipal de Danza.

A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.

Consulta todos os horarios das diferentes actuacións nas rrss e web do Concello de Oleiros:

PARQUE DO EMIGRANTE 11:30h – Grupo de Saxofóns 13:00h – Banda Infantil. Ensemble de clarinetes   PONTE DO CASTELO 11:30h – Colectiva de Canto 13:00h – Piano 13:30h – Música de Cámara 14:00h – Coros   PARQUE LUIS SEOANE 11:30h – Ensemble de Frautas 13:15h – Colectiva de Cordas 1 e 2 13:30h – Colectiva de Percusión   RÚA DO MAR 12:00h – Combos Música Moderna 13:30h – Grupo de Gaitas   PRAZA ESTHER PITA 18:00h – MAMMA MIA! Coa Orquestra Sinfónica EMMO, Coro La tremenda Tremolina, escola de Danza (7º-8º Danza Clásica)   PRAZA DO CASTELO 21:00 h – Concerto da Big Band  
Comparte este artigo