Free Porn
xbporn
Home A Coruña Presentación da XIV edición do Festival “Salsa na Rúa”

Presentación da XIV edición do Festival “Salsa na Rúa”

- Anuncio -

Neste verán ateigado de festas e eventos non podería faltar á cita o xa clásico festival “Salsa na Rúa” que este ano cumpre a súa décimo cuarta edición.

Á presentación asistiron, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o director do festival, Orlando, monitores e Martín e Nora, rapazada da Escola de Baile “El Tomasón” e a asociación Haveira.

Nesta edición acompañarannos artistas chegados do outro lado do atlántico e tamén formacións e escolas galegas que promoven estes ritmos destacando ademais dj´s como Jonhy Salsa Nic e Gerardo.
“Salsa na Rúa” desenvolverase ao longo da xornada do sábado pero xa o venres comezarán ás 18:00 h cunha exhibición de baile moderno e latino en Alcalá Galiano, con Laura Botana, Sergio García, Johny e Ceci ou Orlando pero tamén shows no García Bayón a partir das 17:15 h.
Orlando informou da complexidade do evento, “o evento se proxecta en toda Ribeira, García Bayón, Alcalá Galiano, Malecón; mover un espectáculo con 53 invitados foráneos e 63 alumnos da academia; iso implica un tempo de organización e un traballo laborioso” tamén quixo agradecer ao Concello de Ribeira pola implicación e tamén aos establecementos colaboradores que son máis de 53.
“Quero agradecer á toda a asociación Haveira e a escola de baile “Tomasón” pola proposta, e que continúe con estas actividades porque penso que axuda a potenciar e mostrar a multiculturalidade e a diversidade que aporta Ribeira, apoiamos a cultura galega pero somos conscientes de que vivimos nun concello dinámico e diverso e que lle temos que dar cabida a outras culturas que contribúan ao enriquecemento do tecido cultural da cidade” sinalou a concelleira de Cultura.
Suárez-Puerta amosou tamén a súa gratitude á asociación e a escola e afirmou “que é un estilo musical que cada vez pega máis que está moi introducido en Ribeira e ten bailaríns cun nivei altísimo” e rematou “ nos somos os que lle temos que dar as grazas porque van a sacar o seu arte á rúa e vai a permitir que tódolos veciños gocen del; invitamos a todo o mundo que veña e baile nesta nova edición”.

Xa o sábado dende a mañá, ás 10:00 h, tamén na rúa Alcalá Galiano contaremos con obradoiros e exhibicións con Aykan, Diogo e Patricia ou Nuno Carvalho; será no Paseo do Malecón onde teremos pola noite un escenario para acoller a gran gala de clausura a partir das dez para rematar de novo en Alcalá Galiano son Social SBK dende as 23:30 h aproximadamente.

Relacionadas

COGAMI demanda medidas para garantir unha educación inclusiva e accesible no novo curso escolar...

0
Ante o inicio deste novo curso escolar 2024-2025, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, lanzamos unhas propostas co fin de que...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas