A Casa da Cultura de Fene acollerá este mércores, ás 19.30 horas, a presentación do libro de Antonio Blanco Carballo “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. Trátase dunha “obra imprescindible para manter viva a memoria histórica da nosa terra e de todas as vitimas que loitaron pola liberdade e a democracia”. No acto, o autor estará acompañado pola alcaldesa de Fene, Sandra Permuy. E as persoas que asistán recibirán de balde un exemplar desta publicación que contou coa colaboración da Deputación da Coruña.
“Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal” nace a raíz da instalación dunha escultura de Manuel Patinha no parque Antón Varela de Canido. O libro afonda tanto na instalación do monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo como en toda a historia que afectou aos veciños e veciñas da zona, dende o inicio da ditadura, atendendo á cronoloxía, e dando voz a diversas testemuñas. .