Presentación XXIX Travesía a Nado “Praia de Coroso”

adminON
Lectura mínima de 3

Hoxe tivo lugar a presentación da XXIX edición da Travesía a Nado “Praia de Coroso”;  acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira,  María Villar, o adestrador do club, Juan Carlos Ageitos máis persoal técnico do Concello. 

A travesía vaise a celebrar o vindeiro xoves 15 de agosto onde a recollida de dorsais será  de 9:30 a 10:45 horas, o comezo das probas ás 11:11 h e a entrega de premios ás 13:30  horas. Juan Carlos Ageitos informou das categorías por ano que corresponden a benxamín,  alevín, infantil, xunior, absoluta, Master 1, Master 2, e Master 3; e dos percorridos que van  a ser de 2.500 m, 1.250 m, 400 m e 150 m (non competitiva) perimetrados por boias e  balizas. 

María Villar, a presidenta do Club quixo agradecer ao Concello de Ribeira e a concellería  de Deportes pola colaboración na travesía a nado e noutras probas que se fan durante o  ano. Villar destacou con respecto a esta edición que están moi contentos cas inscricións  xa que o ano pasado tiveron un total de 103 participantes e ao día de hoxe cas inscrición  

pechadas un total de 173, comentou que “hai moita xente chamando aínda para participar  e que buscaremos a maneira para facilitar estas demandas” engadiu. 

Anunciou tamén que haberá premios en metálico para os participantes, sorteos e quixo  agradeceu a colaboración de Protección Civil, ao comercio local e entidades colaboradoras que fan que a travesía sexa unha realidade. 

Xabier Vidal agradeceu a colaboración de Protección Civil e ao Club de Natación Ribeira  pola organización desta travesía que xa é todo un clásico no calendario galego “esta proba,  que se celebra anualmente xa fai case tres décadas, de feito é a XXIX edición, convoca  a nadadores/as de tódalas idades e niveis para percorrer unha distancia segundo a súa  categoría ao longo da praia de Coroso” sinalou. 

Tamén destacou o ton familiar, o nivel da competición, a contorna natural e que é  un evento que atrae tanto a nadadores locais coma a participantes de outras rexións  ou paises (Portugal). “Dita travesía é un referente no calendario de competicións de  natación nas augas abertas de Galicia que de feito é unha das 10 travesías ,máis antigas  de Galicia. Todos estes elementos, fan que a travesía non só sexa un desafío deportivo,  senón que tamén é unha celebración local apreciada tanto polos participantes coma polos  espectadores”, concluíu.

Comparte este artigo