HomeA CoruñaPresentadas case 800 solicitudes de cachelas para San Xoán e San Pedro

Presentadas case 800 solicitudes de cachelas para San Xoán e San Pedro

- Anuncio -spot_img

Despois da avalancha de peticións recibidas ata o mesmo luns 23, hoxe reabriuse o prazo de comunicación previa de cachelas para a noite de San Pedro. Mañá venres será o último día, e o procedemento é o mesmo: ou ben cubrir o formulario impreso que está dispoñible na planta baixa da casa do concello e introducilo na urna situada no mesmo lugar ou ben descargalo da páxina web carballo.gal e envialo por correo electrónico a cachelassanxoan@carballo.gal. Na primeira quenda presentáronse case 800 solicitudes para as dezaoito parroquias.

O 23 de xuño é un dos días grandes do San Xoán grazas, precisamente, á gran tradición de cachelas e sardiñadas que existe no noso concello, e que se mantén ao longo do tempo tanto en celebracións familiares coma comunitarias. A gran cachela organizada pola comisión de festas resultou todo un éxito. As persoas asistentes louvaron a organización e a preparación das sardiñas, das que se venderon 500 racións a un prezo de 10 euros.

A sardiñada popular, xunto coa cachela elaborada por Maxi Pazos e os seus axudantes, volveron converter a noite de San Xoán nunha das grandes noites das festas de Carballo, que continúan con moitísima actividade aínda ata o domingo, día da despedida á beira do Anllóns na tradicional Festa do Bosque.

Publicacións Relacionadas