Home A Coruña Preto de 400 persoas participan no XXI Encontro dos Nosos Maiores de...

Preto de 400 persoas participan no XXI Encontro dos Nosos Maiores de Bergondo

- Anuncio -

· Os asistentes de maior idade foron Juana Rilo Rey e Darío Fernández.

O polideportivo da Senra acolleu hoxe a XXI edición do Encontro dos Maiores do Concello de Bergondo, evento que reúne cada ano por centos de veciños de todas as parroquias do municipio que teñan 60 anos ou máis e ao que nesta edición asistiron ao redor de 400 persoas.

A tradicional misa, que comezou ás 14 horas e contou nesta ocasión coas voces da Coral Polifónica Costumes de Bergondo, foi o punto de partida do evento. Ao acto relixioso seguiulle a comida, na que os asistentes compartiron mantel e charla nun ambiente festivo, e pola tarde unha actuación musical disposta polo Concello amenizou a xornada.

A festa estivo presidida pola alcaldesa, Alejandra Pérez, acompañada de diferentes membros da corporación. Houbo tamén tempo para as homenaxes aos máis lonxevos. A muller de maior idade asistente foi Juana Rilo Rey, de Pisón, que cumpriu en abril 94 anos. Doutra banda, a homenaxe ao home de máis idade asistente recaeu este ano en Darío Fernández, de Lubre, que en maio cumpriu os 96 anos. Tamén estivo presente Francisca Lambas Mallo, veciña de Cortiñán de 99 anos, que noutras edicións xa fora a homenaxeada e preferiu poder gozar da festa co resto de asistentes.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Publicacións Relacionadas