test
Home A Coruña Preto de 500 persoas celebraron as vodas de prata da Festa dos...

Preto de 500 persoas celebraron as vodas de prata da Festa dos Maiores de Frades

- Anuncio -

Preto de cincocentas persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXV Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao. Unha celebración que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños.

A XXV Festa dos Nosos Maiores comezou coa tradicional misa das 13:30 horas. Ás 14:00 horas, mentres os comensais buscaban os seus asentos, a música correu a cargo do dúo Eva e Camilo. O xantar, servido polo restaurante Casa Taboada (Touro), estivo composto de empanada, polbo á feira, xarrete, sobremesa (bica e xeado) e café.

Se a calor foi a protagonista da edición anterior, a choiva estivo a piques de selo na deste ano, se ben coincidiu unicamente co momento do xantar que, ao facerse baixo carpa, fixo que a temperatura fose máis agradable e non impediu a celebración do programa da festa. Porque, a partir das 17:30 horas houbo xogos antigos aos que xogaban os nosos maiores cando eran cativos (tres en raia, rá, chave…) mentres soaban os acordes da música dos grupos folclóricos Son da Terriña (Galegos) e Sarillo (Aiazo), que mesmo se animaron a tocar varias pezas xuntos.

Homenaxe aos de máis de 90

Unhas actuacións que precederon á tradicional homenaxe ás persoas presentes que chegan este ano aos 90 ou que teñen máis anos, un total de 17 maiores:
1. Mariana Lagos Carro (Abellá), 93 anos.
2. Manuel Manteiga Núñez (Abellá), 90 anos en outubro.
3. José Méndez Suárez (Abellá), 90 anos.
4. Encarnación Rodríguez Bascoy (Abellá), 90 anos en setembro.
5. Manuela Rodríguez Bascoy (Abellá), 91.
6. Arturo López Rodríguez (Aiazo), 90 anos en decembro.
7. Erundina Rúa Mata (Añá), 90 anos en xuño.
8. Emérita Pernas Pereira (Gafoi), 94 anos.
9. Teodoro Carneiro Uzal (Galegos), 94 anos.
10. Julia García Francos (Galegos), 91 anos.
11. Adolfina Sánchez Carneiro (Galegos), 90 anos.
12. Visitación Prado Suárez (Moar), 91 anos.
13. Manuel González Neira (Papucín), 92 anos.
14. José Paz Fernánez (Papucín), 90 anos.
15. Antonio Regueira Sánchez (Papucín), 92 anos.
16. Dolores Sanjurjo Sanjurjo (Papucín), 90 anos.
17. Jesusa Tejo Meijide (Papucín), 93 anos.

Relacionadas

O Concello renova o convenio nominativo coa Asociación Ecos do Sur para mellorar a...

0
A entidade recibirá 25.000 euros da área de Emprego para os seus programas de inserción laboral A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da Asociación...

Máis de 160.000 persoas celebran o San Xoán nas praias e rúas da cidade

0
Os futbolistas do Dépor Lucas Pérez e Henar Muiña, con Carlos Ballesta, familiares de Luisa Villalta e Alenjandro Hernández do Básquet Coruña, acenderon a...

Arde un vehículo na urbanización Riotorto, na parroquia de San Xoán, en Carballo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados hoxe, domingo 23 de xuño, ás 00:45 horas, dun vehículo ardendo na urbanización Riotorto,...

O Pico Sacro recupera a lendaria Cerimonia do Lume Sagrado tras 4 anos de...

0
O Pico Sacro foi este mediodía escenario da lendaria Cerimonia do Lume Sagrado, despois de catro anos de ausencia, primeiro pola pandemia e despois...

Marta Álvarez insta ao goberno local a impulsar actividades divulgativas para previr o sobrepeso...

0
Lembra que, segundo o Plan Municipal de Saúde do Concello, encargado polo goberno socialista no 2022, o 20,3% da poboación é fumadora activa e...

O Concello apoia os programas destinados a mulleres coidadoras e a itinerarios laborales que...

0
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita coa directora da Fundación Mujeres, Marisa Soleto, dous convenios por importe de...

Publicacións Relacionadas