Free Porn
xbporn
Home A Coruña Preto de 800 escolares de Narón e comarca participaron hoxe no “I...

Preto de 800 escolares de Narón e comarca participaron hoxe no “I Cros escolar Concello de Narón”

- Anuncio -

O recinto do CPI O Feal acolleu esta mañá a primeira edición do “Cros escolar Concello de Narón”, no que participaron preto de 800 escolares de oito centros de ensino de Narón e comarca. O Concello de Narón organiza a convocatoria xunto co Club de Atletismo Narón e tamén colabora na mesma a Xunta de Galicia, a través do programa “Xogade” de campo a través. Os edís de Deportes, Ibán Santalla, e Ensino, Olga Ameneiro, acudiron ao evento e participaron na entrega de diplomas xunto con Miguel Soto, presidente do Club de Atletismo Narón e un representante da administración autonómica.
Os participantes percorreron, en función das categorías, 400 metros, 800, 1.200 ou 1.500, disputándose as de benxamín, alevín, infantil e cadete feminino e masculino, respectivamente. As diferentes probas comezaron a desenvolverse ás 10:50 horas e a última carreira deste cros iniciouse ás 12:25 horas, procedéndose posteriormente á entrega de diplomas a todos os participantes.
A convocatoria coincidiu coa conmemoración do 35 aniversario do Club de Atletismo Narón. Participaron no evento escolares dos colexios CPI do Feal, CPR Ayala e CEIP Piñeiros, de Narón e tamén de Unión Mugardesa, de Mugardos; CEIP A Xunqueira, de Fene, e CPI Ponzos e Juan de Lángara e San Xoán de Filgueira, de Ferrol.
O edil de Deportes destacou a excelente acollida que tivo este evento na súa primeira edición e asegurou que “xa estamos pensando en organizar a segunda”. Santalla, xunto coa edil de Ensino, agradeceu a implicación do Club de Atletismo Narón e tamén do colexio do Feal para desenvolver a proba, valorando tamén a colaboración da administración autonómica.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas