HomeA CoruñaPrograma municipal "Rompendo moldes", con Ale de Paz e Sandra Castelos

Programa municipal “Rompendo moldes”, con Ale de Paz e Sandra Castelos

- Anuncio -spot_img

Nova edición do ciclo municipal “Rompendo moldes”, destinado a favorecer a eliminación dos estereotipos de xénero no eido laboral. A xogadora profesional de fútbol sala, Ale de Paz, e a única técnica de mantemento de parques eólicos en Galicia de Siemens Gamesa, Sandra Castelos, protagonizaron este ano as charlas, impulsadas nos coles polo Concello de Neda, no marco das actividades do 8M. As dúas nedenses contaron esta mañá ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos CEIP San Isidro e Maciñeira as súas experiencias laborais, resolveron dúbidas da rapazada e mesmo asinaron autógrafos.

Nas sesións, a futbolista da Selección española, que fixo do que foi un hobby infantil a súa profesión, falou da desigualdade que, pese aos avances, segue a haber no mundo do deporte, e apuntou que, aínda hoxe, as mulleres teñen que demostrar máis para seren valoradas en moitos sectores. Pola súa banda, Castelos, que con 40 anos deixou o traballo rutineiro nunha asesoría para estudar un ciclo superior de mecatrónica, insistiu aos estudantes na importancia de formarse para desenvolver no futuro unha profesión que realmente lles guste, independentemente do xénero. O Concello agradece a colaboración desinteresada destas dúas profesionais nunha iniciativa a prol da igualdade real de oportunidades que sempre triunfa nos coles.

Publicacións Relacionadas