Home A Coruña Protección Civil estende dúas toneladas de sal na rede viaria para evitar...

Protección Civil estende dúas toneladas de sal na rede viaria para evitar a formación de placas de xeo

- Anuncio -

Os traballos localízanse principalmente nas parroquias de Montemaior, Soandres, Vilaño e Cabovilaño.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil activou un plan específico para reforzar a seguridade nas estradas municipais estendendo sal nos puntos da rede viaria máis propensos á formación de placas de xeo.

Ao longo da xornada de onte foron aportadas dúas toneladas de sal nas estradas situadas en zonas de interior, xa que son as que rexistran as temperaturas máis baixas, facendo ademais fincapé nas vías que presentan pendente e que, por tanto, son máis perigosas para a circulación nesas circunstancias.
As parroquias nas que se concentraron as intervencións foron Montemaior, Soandres, Vilaño e Cabovilaño. Nos próximos días continuarase realizando estas mesmas intervencións noutros puntos da rede viaria municipal que así o requiran.

O Concello agradece o labor dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Laracha polo traballo que desenvolven para beneficio xeral da cidadanía larachesa.

Relacionadas

Fene inicia na Avenida de Tarrío o acondicionamento de beirarrúas coa técnica do formigón...

0
O uso de formigón impreso, que está a aplicar o persoal municipal, aumenta a durabilidade dos amaños realizados O Concello de Fene vén de poñer...

O Concello de San Sadurniño abre as inscricións na IX Carreira Popular do próximo...

0
San Sadurniño volverá correr polo medio ambiente o domingo 9 de xuño, dentro da novena edición dunha das carreiras populares con máis aceptación de...

Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello...

0
Dende un grupo de ANPAs dos centros de ensino, e en colaboración co Concello de Oleiros, temos o pracer de presentar a formación para...

IV Andaina Solidaria de Castiñeiras

0
O concelleiro de Ribeira, Xabier Vidal, presentou hoxe xunto a Abraham Benítez e a presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, María...

O Concello de Ribeira denuncia a falta de persoal médico no Centro de Saúde...

0
A falta de 5 médicos de Atención Primaria, obriga a 4 médicos a asumir un cupo a maiores de 1500 pacientes cada un. No día...

O Concello de Ribeira rescinde os contratos do apeadeiro de autobuses e a biblioteca...

0
O Concello de Ribeira resolve os contratos da biblioteca municipal e da estación de autobuses debido á parálise das obras por parte das construtoras...

Publicacións Relacionadas