HomeA CoruñaProxección do documental “Al-Nasr Al Tair”, sobre Eduardo Prado

Proxección do documental “Al-Nasr Al Tair”, sobre Eduardo Prado

- Anuncio -spot_img

O xoves 26 de marzo, ás 20:00 h, o auditorio do Pazo da Cultura (andar -1) acollerá a proxección do documental Al-Nasr Al Tair, unha peza singular do ano 1969 dirixida por José Ernesto Díaz-Noriega.

Este filme foi encargado polo Concello de Carballo con motivo dunha homenaxe ao tenente xeneral Eduardo Prado. O que pretendía ser unha obra de carácter propagandístico acabou converténdose nun documento cinematográfico inclasificable, no que o cineasta, fiel ao seu estilo, introduce elementos inesperados e mesmo un ton irónico a través das voces en off.

A sesión contará coa presentación de Ana Estévez Lavandeira, responsable do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego, e rematará cun coloquio a cargo do experto en cine histórico Julio Vilariño Cabezas.

Entrada de balde.

Unha oportunidade única para descubrir unha obra pouco coñecida e reflexionar sobre o seu contexto histórico e cinematográfico.

Publicacións Relacionadas