Despois de numerosas demandas por parte do Concello, a Xunta contratará de inmediato a reforma da parte alta do comedor do colexio Valle-Inclán de Perillo para transformalo nun aula para multiusos, tal e como pretendía a comunidade educativa. O Concello xa acometera as obras de construción dunhas portas para o espazo, coa intención de que se puidese utilizar cando menos como almacén, pois quedara clausurado a raíz das obras no comedor do centro.
Educación tratará de que o espazo estea operativo para o próximo curso. A boa noticia foi transmitida polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane e á concelleira de Educación, María José Santos Zas, tras unha entrevista que lle tiñan solicitado os representantes municipais.