Home A Coruña Publicada a contratación das obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira...

Publicada a contratación das obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira en Ribeira cun orzamento de 900.000 euros

- Anuncio -

A publicación deste prego na plataforma de contratación coincide coa clasificación da ribeirense Ana Peleteiro para a final de triplo salto dos Xogos Olímpicos acadando un novo récord galego ao aire libre (14,62 metros)

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira: módulo cuberto de atletismo en Ribeira (A Coruña).

Segundo os pregos da licitación, as obras que se levarán a cabo serán a construción dun pavillón anexo para albergar unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar.

O prazo estimado de execución é de doce meses dende a comprobación do replanteo ainda que os licitadores poden ofertar a redución deste prazo ata dous meses. O orzamento base de licitación será de 900.000 euros.

Cómpre lembrar que o investimento total da obra é de máis dun millón de euros (1.039.982,53 euros) en virtude do convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ribeira. En total, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará a un total de 600.000 euros (500.000 euros na presente anualidade e 100.000 en 2022) mentres que o Concello de Ribeira contribuirá coa cantidade restante.
Cómpre salientar que a publicación deste prego na plataforma de contratación coincide coa clasificación da ribeirense Ana Peleteiro para a final de triplo salto dos Xogos Olímpicos acadando un novo récord galego ao aire libre (14,62 metros). Esta actuación recoñece tamén o traballo realizado por outros deportistas de Ribeira como o Natural Sport Videlgi ou o parataekwondista Álex Vidal.
A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta presenta o Xacobeo no Porto como unha oportunidade única para promocionar o...

0
― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores turísticos do norte de Portugal, aos que asegurou...

O Concello celebra a volta presencial da carreira Enki2021 de obstáculos pola integración

0
As concelleiras Mónica Martínez e Yoya Neira presentaron hoxe a proba física do 23 de outubro e a modalidade virtual dunha iniciativa que incide...

Galicia presenta un recurso ante a Audiencia Nacional fronte a unha orde ministerial de...

0
— A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia formalizou esta mañá o contencioso anunciado en oposición á inclusión da especie na listaxe Lesrpe —...

A piscina municipal de Ortigueira, un lugar máis accesible coa instalación dun elevador hidráulico...

0
• O equipo de goberno local aposta “por ofrecer espazos que poidan ser empregados por toda a veciñanza” e habilita desde esta semana unha...

Últimas horas para anotarse na XXXVIII Carreira Pedestre da Amaía, que terá lugar o...

0
Últimas horas para anotarse na 38 edición da Carreira Pedestre da Amaia, organizada polo Concello de Brión en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa...

A Policía Autonómica colaborará coa Policía Nacional e a Policía Local de Santiago nun...

0
― Efectivos do Equipo de Resposta Oficial (Erpol) da Policía Autonómica e do grupo de menores participarán no dispositivo para vixiar a celebración de...

Publicacións Relacionadas