Home A Coruña Reabertas ao público as salas fitness dos complexos Vila de Noia e...

Reabertas ao público as salas fitness dos complexos Vila de Noia e Carballo Calero tras a renovación total do equipamento

- Anuncio -

O Concello de Carballo adxudicou por 155.222 euros o contrato de arrendamento operativo de todo o equipamento durante catro anos

Este xoves reabriron ao público as salas fitness dos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero tras a renovación total do seu equipamento coa finalidade de ofrecer ás persoas usuarias unha experiencia superior na actividade a desenvolver. Con novas máquinas de última xeración e un mellor aproveitamento dos espazos, a veciñanza pode gozar xa de adestramentos máis efectivos e variados.

Na xornada de posta en servizo da nova maquinaria rexistrouse unha alta demanda, especialmente na sala Carballo Calero, que é a máis ampla e que conta, en consecuencia, cunha maior dotación de equipamento. O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, que visitou as dúas instalacións, puido contrastar coas persoas usuarias a boa acollida dos novos e modernos equipos.

O equipamento, de feito, inclúe máquinas cardiovasculares avanzadas que no seu conxunto constitúen unha oferta ideal para exercicios cardiovasculares e adestramento da resistencia (bicicletas verticais e de ciclo, máquina de remo, elípticas e cintas de correr dotadas de pantallas que mesmo permiten gozar de experiencias inmersivas á carta); zona de peso libre (mancuernas, barras olímpicas e bancos), área de adestramento funcional, deseñada para adestramentos que simulan movementos cotiáns e melloran a funcionalidade (kettlebells, sacos de area, TRX, balóns fitball e outros equipos versátiles), e máquinas de pesas, nun espazo enfocado ao adestramento da forza e a tonificación.

O contrato de subministro do equipamento das salas fitness foi adxudicado, por catro anos e un importe total de 155.222,40 euros, á empresa Exercicle SL.

HORARIOS
Visita as nosas instalacións e acada os teus obxectivos con maior facilidade, comodidade e diversión. Estes son os horarios:

Sala fitness do complexo deportivo Carballo Calero
De luns a venres, de 7:15 a 13:00 e de 15:30 a 22:30 h.
Sábados, de 9:00 -13:30 h.

Sala fitness do complexo deportivo Vila de Noia
De luns a venres, de 8:00 a 22:00 h.
Sábados, de 10:00 a 14.00 h. e de 17:00 – 20:00 h.
Domingos, de 10:00 – 13.00 h.

PREZOS DE ABONOS SALA FITNESS (a partir de 16 anos)
Dentro do prezo polo uso da sala fitness tamén está incluído o da piscina.
Cota de matrícula.- 20,00 €
Abono piscina Sala fítness individual mozo/a (de 16 a 17 anos): 21,50 € / mes
Abono piscina Sala fítness individual adulto/a (de 18 a 59 anos): 27,50 € / mes
Abono piscina Sala fítness individual maiores de 60 (de 60 en diante): 21,50 € / mes
Abono piscina Sala fítness FAMILIAR TIPO 1 (1persoa do abono familiar en sala fitness): 32,00 € / mes
Abono piscina Sala fítness FAMILIAR TIPO 2 (2 persoas do abono familiar en sala fitness): 36,00 € / mes
Abono piscina Sala fitness FAMILIAR TIPO 3 (3 ou máis persoas do abono familiar en sala fitness): 38,00 € / mes

Máis información
Oficinas Carballo Deporte (rúa Vila de Corcubión). Tfno 981 702 109 (ext-1)
Complexo deportivo Carballo Calero. Tfno 981 758 101
Complexo deportivo Vila de Noia. Tfno 981 702 109 (ext-2)

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

O Concello mellora o acceso ao núcleo de Barbeita

0
É unha importante mellora na seguridade, xa que ata o de agora os vehículos de emerxencia non podían acceder a varias vivendas deste núcleo O...

Publicacións Relacionadas