HomeA CoruñaRealizadas 1.009 inspeccións de vehículos durante a campaña especial da ITV de...

Realizadas 1.009 inspeccións de vehículos durante a campaña especial da ITV de turismos que se levou a cabo durante todo o mes de agosto

- Anuncio -spot_img

A unidade móbil da ITV que estivo en Carballo durante o mes de agosto realizou un total de 1.009 inspeccións de vehículos, entre eles 167 que tiveron que volver por segunda vez. O equipo estivo situado do 1 ao 29 de agosto no lugar habitual de emprazamento da ITV, no polígono de Bértoa. A atención ao público realizouse pola mañá, de 08.00 a 14.30 horas, o que pon de manifesto a gran demanda que tivo o servizo.

En canto ao tipo de vehículos que acudiron á ITV, un 85,63% foron turismo e un 14,37%, vehículos de mercancías lixeiros.

Esta campaña extraordinaria da ITV, na que colaborou o Concello de Carballo, compleméntase coas visitas periódicas que realizan todos os anos as unidades móbiles de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores. Precisamente para o 15 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, está prevista a presenza da unidade móbil de inspección de ciclomotores na Praza do Concello.

As persoas interesadas poden pedir cita a través da páxina web da empresa concesionaria do servizo en Galicia, Supervisión y Control, ou do teléfono 981 928 080.

Publicacións Relacionadas