Home A Coruña Reforzo da seguridade viaria, coidado de áreas deportivas e aumento de zonas...

Reforzo da seguridade viaria, coidado de áreas deportivas e aumento de zonas verdes centran as propostas do BNG para destinar os fondos provinciais

- Anuncio -

Os nacionalistas rexistran un documento con propostas centradas en reforzar a seguranza viaria e dotación de servizos básicos, mellorar as instalacións deportivas e aumentar os espazos de lecer e zonas verdes do municipio.

Desde o BNG solicitan que a escolla das actuacións nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros que concede a Deputación da Coruña mediante o Plan Único 2023, se faga co dialogo e consenso de tódolos grupos da Corporación Municipal. O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, insta ao goberno local a “dialogar máis” para evitar présas de última hora e facer todo “tarde mal e arrastro como pasou cos Orzamentos”.

Os nacionalistas aglutinan as súas proposta en tres grandes bloques; reforzo da seguranza viaria, mellora dos espazos deportivos e un aumento dos espazos de lecer e zonas verdes. Segundo informaron os concelleiros Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez, “incluíronse actuacións que pediron veciñas e veciños”, xunto con outras propostas pensadas polo BNG para resolver necesidades importantes e que “cómpre atender”.

As propostas de reforzo da seguranza viaria destacan a renovación da rúa Sidreiras con novo firme e beirarrúas, as reformas integrais con beirarrúas e asfaltados novos nas rúas Colón e Monumento, a ampliación e dotación de sumidoiros na rúa Revolta de Castiñeiras, dotación de beirarrúa e pavimentación da rúa Iñeiras en Olveir, a mellora da estrada que vai ao Corgo en Corrubedo e a pavimentación e dotación de servizos na rúa Esteirón e accesos á Corna en Palmeira.

Con respecto á mellora das instalacións deportivas inclúen dotar de torres de iluminación o campo de fútbol de Carreira, construír novos vestiarios no campo de fútbol de Oleiros, mellorar a zona do Campo da Tasca con novo mobiliario así como unha renovación integral da casa da cultura de Aguiño.

Por último e para aumentar os espazos de lecer e zonas verdes no municipio, o BNG propón implementar un plan “Reverdecer Ribeira”, no que se contempla a adquisición de terreos para facer unha alameda no centro urbano, cubrir o parques infantil das Avesadas para usar cando chove, construír dous aseos públicos en Ribeira, rehabilitar o lavadoiro de Gude en Artes como espazo de ocio e dotar á zona de Bretal dun parque infantil e zona verde.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas