Home A Coruña Reforzo na seguridade no parque infantil Castelao de Aguiño coa instalación dunha...

Reforzo na seguridade no parque infantil Castelao de Aguiño coa instalación dunha nova varanda

- Anuncio -

O Concello de Ribeira continúa cos labores de renovación e mantemento dos parques infantís en tódalas parroquias do municipio.
No día de hoxe rematouse a instalación dunha nova varanda no parque da rúa Castelao de Aguiño. Durante as obras reslizadas na rúa Castelao retirouse a anterior varanda e hoxe rematou a colocación dunha nova varanda de piñeiro con imprimación en sulfato de cobre e tratado en autoclave.
“Despois das obras na rúa Castelao, onde se retirou a varanda vella do parque, encargouse unha nova para cubrir todo o perímetro co obxectivo de reforzar a seguridade dos nenos e as nenas” manifestou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal.
Vidal Peón asegura que o goberno local seguirá progresivamente actuando en áreas infantís para garantir a seguridade dos parques infantís porque “é un aspecto crucial para o benestar dos nenos e nenas, creando un ambiente máis cómodo e agradable para que gozan das actividades ao aire libre durante máis tempo”.

Relacionadas

Inés Rey: “A Torre é das mellores instalacións deportivas públicas de Galicia”

0
A alcaldesa visitou a cidade deportiva, onde esta semana rematarán os traballos de renovación do campo 1, completando o conxunto dos terreos de xogo O...

As comisións de festas de San Sadurniño estrean con forza o 2025

0
Os grupos de ramistas de Ferreira, Igrexafeita e Naraío organizan varias actividades para as próximas semanas As comisións de festas que se autonomean dun ano...

A Reserva de Biosfera lanza a súa primeira Guía de Excelencia Ecoturística, un compendio...

0
● Segue os pasos da xa editada Guía de Excelencia Agroalimentaria e é froito do traballo realizado durante todo o 2024 en colaboración co...

Á venda este mércores as entradas para o ciclo Todo Público de Primavera, con...

0
As representacións faranse no auditorio do Fórum Metropolitano entre os meses de febreiro e maio, incluíndo sesións para escolares O Concello da Coruña pon mañá...

O Concello eliminou máis de 9.300 pintadas das rúas da cidade en 2024

0
A Oficina Virtual do Grafiti realizou 2.334 actuacións nos barrios O Concello da Coruña mantivo en 2024 a súa loita contra as pintadas e os...

Comeza a II fase do proxecto de mellora do saneamento na parroquia de San...

0
• O Concello deu comezo esta semana a execución da segunda fase no núcleo de Balbén e continuará proximamente nas zonas de Ameás, Parapar...

Publicacións Relacionadas