Home A Coruña Regresan as experiencias de marisqueo a pé na Pobra

Regresan as experiencias de marisqueo a pé na Pobra

- Anuncio -

A axenda de lecer da Pobra do Caramiñal continúa sumando actividades para desfrutar do verán na localidade. Nesta ocasión, a Concellaría do Turismo dálle continuidade ás xornadas de turismo mariñeiro que se puxeron en marcha por primeira vez no 2017 coa colaboración da Asociación Mar da Pobra. Ofértase polo tanto esta proposta que, sen perder o ser carácter lúdico, tamén conta cunha vertente formativa que pretende transmiti-la tradición mariñeira e o labor da xente do mar.

As persoas participantes poderán vivir na súa propia pel o traballo das mariscadoras e coñece-los bivalvos que atesouran os areais do municipio. As visitas-experiencia dividiranse entre as praias dos Areos e a dos Raposiños en función da marea nos martes do mes de xullo, xoves de agosto e dous primeiros venres de setembro.

A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío, incidiron no éxito que ten esta proposta que fixo que neste ano se diversificase cos obradoiros marisqueiros dirixidos a centros de ensino de toda Galicia fóra da tempada estival. Preténdese así, tal e como indicou a edil, poñer en valor “o noso mar, a nosa ría e os produtos gastronómicos que se traballan no sector do marisqueo a pé”, ao tempo que se conciencia sobre a importancia do coidado da contorna natural.

Nesta mesma liña tamén se manifestaron as propias mariscadoras en representación da referida asociación que asistiron á presentación: Rosa Millán, María Jesús Santamaría e Moncha López. No transcurso destas xornadas imparten primeiramente unha charla informativa para despois ensinar a pé de praia o seu oficio, as diferencias entre as especies e sensibilizar sobre os problemas que ocasiona o furtivismo.

O prezo para desfrutar desta actividade, que inclúe viseira e receitario, estipúlase en 12 euros por persoa adulta e de balde para menores de 10 anos. As reservas pódense formalizar na oficina do Turismo -situada na Casa Mariñeira-, a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas