Home A Coruña ( Re)habilitando o patio da nosa escola: o proxecto da Unitaria de...

( Re)habilitando o patio da nosa escola: o proxecto da Unitaria de Pravio co que os nenos aprenden dentro e fóra das aulas

- Anuncio -

· O centro de ensino acolleu a inauguración desta zona, que conta con xogos de estimulación sonora, psicomotriz, xogo simbólico, de creación e construción, etc.

· A iniciativa é froito do traballo da comunidade educativa: tanto da responsable e profesora do centro como dos alumnos e alumnas e as súas familias.

Conseguir que o alumnado aprenda tanto dentro como fóra das aulas. Esa é, sen lugar a dúbida, a folla de roteiro de calquera centro de ensino, con independencia da etapa educativa. Desde esta semana, a Unitaria de San Bartolomeu de Pravio está máis preto de conseguilo. A escola de Infantil inaugurou, esta mañá, o seu novo patio, que conta con elementos de estimulación sonora, psicomotriz, xogo simbólico, de creación e construción, zona de estimulación e experimentación e área de horto.

Ao acto acudiu o edil de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, que aplaudiu o proxecto, co que se “promoverá a inclusión de todos os nenos e nenas que dispoñerán de novos xogos adaptados ás súas necesidades”.

Máis aló do carácter innovador desta localización, un dos puntos fortes da iniciativa é que partiu, directamente, do traballo conxunto da comunidade educativa. Na mesma estiveron implicados tanto o equipo docente como o propio alumnado e as súas familias. Por unha banda, a responsable e mestra da Unitaria, Carlota Sánchez, achegou os seus coñecementos pedagóxicos e educativos. Polo outro lado, unha das nais do centro, Lucía Andón, encargouse de toda a parte técnica ou, o que é o mesmo, de dirixir e supervisar a construción dos elementos que conforman a área de xogos.

A responsable do centro sinala que unha das premisas do proxecto “foi a necesidade de repensar os espazos da nosa escola para que estivesen en concordancia co enfoque pedagóxico que queriamos ofrecer”. Sánchez indica que o gran reto destes labores foi “crear espazos multidisciplinares nos que se potenciasen todas as intelixencias, transformando o patio nunha especie de aula experimental”. A idea, tal e como explica Carlota Sánchez, “era que todos sentisen este espazo como seu e, ao final, convertémonos nunha especie de tribo”. Para a confección desta nova área tivéronse en conta varias pedagoxías e metodoloxías entre as que destaca a filosofía Reggio Emilia: “un dos nosos principios pedagóxicos é dar ao espazo e á estética a importancia que se merecen debido a que son elementos crave no proceso de aprendizaxe”.

Pola súa banda, Lucía Andón sinala que se empregaron materiais para configurar unha “contorna acolledora e amable que estimulase a creación e o desenvolvemento dos pequenos e pequenas”. Desta forma, primouse o uso de elementos sostibles, naturais e, na medida do posible, reciclados coa idea de inculcar aos “pequenos e pequenas a importancia de darlle unha segunda vida ás cousas”. Estes últimos procedentes, non só de doazóns das propias familias do centro, senón tamén das empresas e comercios da zona. “Realizamos talleres nos que cada familia colaboraba dunha maneira ou outra, achegando coñecementos, materiais, ferramentas, mans para traballar no horto, documentando o proceso, etc.”, explica a muller.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas