Home A Coruña Rematada a instalación do parque infantil do CEIP O Marbán logo dun...

Rematada a instalación do parque infantil do CEIP O Marbán logo dun investimento de 30.000 euros

- Anuncio -

• O Concello das Somozas finalizou a construción deste novo espazo, que consta dun recinto de 100 metros cadrados nos que se inclúen diversos elementos de xogo e novo mobiliario urbano.

O Concello das Somozas acaba de finalizar a construción do parque infantil do CEIP O Marbán, unha intervención que contou cun investimento de 29.774 euros.

Así, a rapazada xa pode dispoñer dun novo espazo cun recinto de 100 metros cadrados con diversos elementos de xogo e un pavimento de caucho para protexer aos escolares fronte a posibles caídas.

Entre o mobiliario instalado están: dous xogos de resorte individuais; unha torre con tellado con dous tobogáns e diversos elementos de pasatempos; unha estrutura con forma de casa; dúas papeleiras; dous bancos; e, finalmente, un panel informativo de metacrilato.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, lembrou que se trata dunhas instalacións “das que non se dispoñía ata o momento e que permitirán incrementar as prestacións do colexio e ofrecer maiores alternativas de ocio e aprendizaxe a todas as nenas e nenos escolarizados nas Somozas”.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas