HomeA CoruñaRematada a segunda fase das obras de ampliación da plataforma do viario...

Rematada a segunda fase das obras de ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos

- Anuncio -spot_img

A ampliación desta vía municipal permite mellorar a circulación de vehículos e persoas nun tramo do trazado da Ruta da Prata.

As obras de “Ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase)” están xa rematadas, tras un investimento de máis de 351.000 euros que permite adaptar esta vía municipal ás necesidades actuais e mellorar a circulación de vehículos e persoas no Camiño de Santiago, nun tramo da Ruta da Prata.

A actuación está impulsada pola concellería que dirixe Pilar Lueiro, con competencias en medio rural, e encádrase na segunda fase do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña.

A obra, que ampliou a calzada a un ancho uniforme de seis metros, foi realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia SL por un importe de 351.420,00 euros impostos incluídos, cunha base impoñible de 290.429,75 euros máis IVE do 21% de 60.990,25 euros.

Duplicar o ancho da estrada

O ancho medio da estrada antes de acometer a obra variaba entre 3 e 4 metros. Con estas obras proporcionóuselle unha amplitude uniforme de 6 metros. Co obxecto de mellorar tamén a calidade da rodaxe reforzouse o pavimento cunha capa de aglomerado en quente.

Tamén se modificou a rasante en zonas puntuais, tendo en conta, para a súa definición, os accesos ás vivendas e leiras particulares; así como as rasantes dos viarios que entroncan coa estrada. Nalgún punto, tamén se construíron muros de contención para acadar este obxectivo. 

Mellora das canalizacións e a iluminación

Ademais, ampliouse a drenaxe lonxitudinal e transversal para solucionar a canalización das augas de escorrentía, así como as canalizacións existentes de regadío. Tamén se se instalaron cruces das futuras redes de distribución en algúns tramos paralelos ao eixo do viario e deriváronse as infraestruturas soterradas de iluminación, baixa tensión e telecomunicacións como alternativa ás instalacións aéreas por postes e fachadas.

Igualmente, mellorouse a iluminación pública existente, coa substitución dos equipos e lámpadas das luminarias; e a ampliación da rede de saneamento no tramo final do viario, por carecer do mesmo.

A execución desta actuación garante e mellora a prestación dos servizos públicos obrigatorios de sumidoiros, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación dos viarios públicos, o que mellora a calidade vida da veciñanza de Santiago.

Publicacións Relacionadas