Unha unidade móbil de expedición do DNI desprazarase á Praza Esther Pita en santa Cruz os días 13, 14 e 15 de outubro
As persoas interesadas poderán pedir cita desde o día 24 de setembro ás 8:00 horas chamando ao teléfono 981 61 00 01.
Os documentos necesarios para a renovación do DNI son 1 foto a cor recente e o DNI antigo (no caso de darse unha renovación por caducidade). Se hai cambios nos datos de filiación deberá entregarse tamén un certificado do Rexistro Civil; e se a renovación é por cambio de domicilio, deberá adxuntarase un certificado de padrón.
No caso de renovación de DNI por perda ou roubo, se este se atopa en período de renovación (nos último 180 días de validez), os documentos serán os mesmos que unha renovación por caducidade. Se non fose así expedirase un duplicado e non se terá que entregar foto.
A renovación por cambio de domicilio ou datos de filiación ou se é familia numerosa é gratuíta, nos demais casos o custe da expedición do documento será de 12,00 euros, que se aboarán en efectivo.
A partir de agora, tamén se poderán renovar os pasaportes en Oleiros. Para isto a documentación que se debe presentar será o DNI en vigor e unha foto en cor. Os menores deben estar acompañados polos dous pais, nais ou titores legais e o prezo da expedición do documento é de 30,0 euros; que deberán abonarse en efectivo.