Fontes do concello informan sobre a recente renovación do peso libre máis as bancadas nas instalacións do ximnasio do Complexo Deportivo da Fieiteira debido a que o anterior material estaba bastante deteriorado.
Segundo informou o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal: “comezamos con esta pequena inversión e xa estamos coa apertura da licitación do “renting” de máquinas de musculación (spinning, cardio…).
“O concello seguirá co mantemento das instalacións da Fieiteira para que os usuarios gozan dunhas instalacións de calidade” afirmou Vidal.