HomeA CoruñaRetirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro.

Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que parte da árbore quedou enganchada a uns oito metros de altura, polo que se mobilizou a auto-escaleira do parque Provincial de Ribeira, para proceder á completa retirada dos restos.

Publicacións Relacionadas