HomeA CoruñaA CoruñaRey convoca un pleno este venres para apoiar a candidatura da Coruña...

Rey convoca un pleno este venres para apoiar a candidatura da Coruña á Agencia de Inteligencia Artificial e para demandar o apoio da Xunta

- Anuncio -spot_img

Neste sentido, a rexedora pediulle este mércores ao presidente da Xunta que abandone a ambigüidade e que explicite o apoio á cidade (é un requisito da convocatoria que as comunidades autónomas ordenen a lista de preferencias cando hai máis dunha cidade candidata) ou, de non facelo, que dea explicacións pola súa falta de compromiso coa cidade.

“Estou segura de que temos o apoio de todos os grupos políticos da oposición para esta candidatura. E a Xunta ten que posicionarse e dicir que cidade de Galicia é a que está en mellores condicións para optar á Agencia Estatal de Supervisión de la Inteligencia Artificial”, destacou Inés Rey.

“Non entendemos a posición de ambigüidade do presidente da Xunta. Os indicadores son claros e obxectivos, e ten que posicionarse igual que fan outros presidentes de comunidades autónomas que apoian candidaturas de cidades gobernadas por partidos de distintos signos porque optan por aquela que ten as mellores condicións para albergar a sede da AESIA. Nós mantemos que a cidade que está en mellor posición para facelo é a cidade da Coruña”, afirmou a rexedora.

Publicacións Relacionadas