HomeA CoruñaA CoruñaRey destaca o traballo de Donaire na dinamización da nosa cultura

Rey destaca o traballo de Donaire na dinamización da nosa cultura

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa da Coruña visitou as novas instalacións da asociación en Agrela e valorou o esforzo que realiza por salvagardar o noso patrimonio cultural e musical A Coruña,

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta tarde as novas instalacións da Asociación Cultural Donaire en Agrela, onde comezan unha nova etapa con mellores equipamentos. A rexedora destacou o importante esforzo que o colectivo leva facendo desde hai anos no ámbito da música e a danza tradicional e amosou todo o seu apoio para que no futuro, Donaire aumente máis se cabe todo o seu viveiro. Para Rey, unha das apostas culturais do seu goberno é precisamente darlle acubillo ás asociacións comprometidas por manteren viva a tradición e a raíz: “Donaire é unha escola referente na Coruña que coida do noso patrimonio para que non se perda”. A alcaldesa engadiu que “é a nosa obriga recoñelo e dalo a coñecer”. Desde canto e pandeireta até baile tradicional ou gaita e acordeón, a entidade forma a veciñanza ao longo de todo o ano e organiza diversos eventos co fin de salvagardar e poñer en valor a nosa tradición.

Publicacións Relacionadas