Tamén se reforzan os traballos de limpeza e mantemento
O Concello de Ribeira habilita un horario extraordinario para os cemiterios municipais da cidade e de Palmeira con motivo do Día de Tódolos Santos. Deste xeito, ambos camposantos estarán abertos de 09.00 a 19.30 horas, mentres que os días 30 e 31 de outubro, así como 1 e 2 de novembro, poderán visitarse as 24 horas, sen pechar ningunha xornada.
Trátase dunha medida que busca facilitar o acceso da cidadanía para adecuar os nichos e sepulturas e velar aos seres queridos nestas datas.
A ampliación do horario estará en vigor entre o día de mañá, 22 de outubro, e o 2 de novembro, ambos inclusive. Despois deste período retomarase o horario habitual de inverno: en Ribeira, de 09.00 a 18.30 horas (pechado os xoves), e, en Palmeira, de 09.00 a 18.00 horas (pechado os luns).
Ademais, os traballadores municipais intensificaron as tarefas de limpeza, roza e pintado dos lugares.