HomeA CoruñaRibeira aproba destinar máis de 400.000 euros do POS Adicional para o...

Ribeira aproba destinar máis de 400.000 euros do POS Adicional para o financiamento de gasto corrente

- Anuncio -spot_img

 Contou cos votos a favor de PP e PBBI e as abstencións de BNG, PSdeG-PSOE e non adscritos

A Corporación municipal de Ribeira celebrou na tarde do luns 27 o Pleno ordinario correspondente co mes de outubro. Na orde do día figuraba a aprobación na participación do Plan de Obras e Servizos Adicional da Deputación da Coruña. A proposta de Alcaldía consistía en destinar os 421.181,73 euros da achega para financiar gasto corrente, principalmente, alumeado público, por un importe de 350.000 euros, e o restante para limpeza viaria como expuxo a alcaldesa, María Sampedro. Unha cuestión que saíu adiante con 13 votos favorables correspondentes a PP e PBBI, ademais das 8 abstencións do BNG, PSdeG-PSOE e non adscritos.

Proposta sobre a Unidade de Condutas Aditivas

Outro dos puntos a tratar foi a moción presentada polo grupo non adscrito, BNG e PSdeG-PSOE sobre a integración da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e que se votou por puntos.

Foron aprobados por unanimidade os acordos sobre a solicitude “da transferencia da UCA ao Sergas evitando o desmantelamento da mesma” e o apoio á continuidade “dos proxectos formativos e terapéuticos postos en marcha polo goberno local, tendo en conta a finalidade da UCA.” Doutra banda, denegouse o acordo no que se insta ao goberno local e á Xunta “a finalizar a restauración do edificio e, especialmente, a rematar e usar de forma correcta a sala de gravacións” ao contar só con 8 votos a favor (BNG, PSdeG-PSOE e BNG) e 13 en contra (PP e PBBI).

Publicacións Relacionadas