HomeA CoruñaRibeira celebra o sábado 29 a XIII Velada de Boxeo Ciudad de...

Ribeira celebra o sábado 29 a XIII Velada de Boxeo Ciudad de Ribeira

- Anuncio -spot_img

Hoxe tivo lugar a presentación desta velada de boxeo que xa vai pola trixésima edición (tantos anos como ten o propio club), ao acto de presentación acudiron, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, a responsable da Escola de Boxeo el Canario, Clara Millares xunto cos boxeadores, Mauro Enguix e Juan Antonio.

Mariño de Bricio informou sobre a velada que se vai a celebrar o vindeiro sábado 29 de marzo no Pavillón Alcalde Torres Colomer e consistirá en dúas sesións; unha primeira de balde pola mañá sobre as 11:00 h co Campionato Galego de Formas de Boxeo en Idade Escolar e Diversidade Funcional, veñen participantes de toda Galicia desde os 6 até aos 16 anos; do club ribeirense van a participar sobre 20 rapaces e rapazas máis 4 membros da asociación Ambar.
A propia velada de boxeo se celebrará a partir das 19:00 h (abriranse as portas media hora antes). Haberá 8 combates de boxeo, un deles feminino e competiran dous rapaces do club, Mauro e Juan Antonio.

Mariño animou á veciñanza a asistir a esta velada “para achegarse e coñecer este deporte máis polo miúdo”, tamén rematou agradecendo ao club por “facer rexurdir este deporte no municipio”.
Clara Millares tamén animou á asistir a esta velada “que cada ano colle máis forza e neste ano veñen oito clubs de toda Galicia”. Para finalizar agradeceu ao concello pola implicación e apoio.
O prezo das entradas será de 10 euros e estarán á venta na sala da Escola de Boxeo el Canario na rúa Carlos Casares en Ribeira e no bar Tenerife en Carreira, tamén se poderán adquirir o mesmo día do evento.

Publicacións Relacionadas