No día de onte celebrouse o Encontro das Persoas Maiores que este ano acadou unha nova marca de comensais sobre pasando o milleiro de asistentes, converténdose así no Encontro máis multitudinario da historia. Tamén houbo outras novidades como a incorporación de produto local mediante a introdución no menú de percebe de Aguiño do que se serviron máis de 200 kg.
Ao mediodía celebrouse unha misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía cantada pola Coral Polifónica Municipal para despois ás 13:30 h desprazarse ao Complexo Deportivo A Fieiteira onde foron recepcionados polo rexedor, Luís Pérez e o tenente de alcalde, Vicente Mariño.
A recepción dos comensais fluíu perfectamente sen ningún incidente. Para garantir a seguridade do evento activouse un protocolo especial de emerxencias con presenza continua da Policía Local, GAEM e voluntariado de Protección Civil.
Unha vez rematada a distribución das mesas e con toda a veciñanza sentada en cadansúa cadeira, procedeuse ao discurso do tenente de alcalde máis o do rexedor arroupados polos respectivos presidentes dos xubilados do municipio. A continuación pasouse a servir o primeiro prato cun rexemento de camareiros da empresa Chicolino; a estrela do menú foi o marisco, onde se serviron, cigalas, camaróns, percebes, cocido, sobremesa de entroido e café.
Xa no momento do café, aconteceu unha sorpresa para o asombro de tódolos veciños e veciñas coa a actuación ao vivo da murga gañadora do concurso de Entroido 2025, “As voltas da vida” da Asociación Veciños de Carreira; os asistentes deron unha grande ovación nun final abraiante coa interpretación adaptada do “Nessun Dorma” do compositor Giacomo Puccini; para rematar o encontro douse paso ao baile amencido pola cantante Mar Davila.
Un día para recoñecer o esforzo e a dedicación dunha xeración que fixo de Ribeira o que é hoxe. Desde o goberno municipal incidiuse en que se reforza o compromiso cos nosos maiores e para iso tamén se traballará para defender os servizos públicos de calidade como a sanidade ou os servizos de dependencia que permiten garantir unha vida digna e plena.