Home A Coruña "Ribeira Composta" repartirá 300 composteiros entre a veciñanza que o solicite

“Ribeira Composta” repartirá 300 composteiros entre a veciñanza que o solicite

- Anuncio -

A concelleira de Medio Rural, Tania Redondo, e a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, presentaron esta mañá unha iniciativa para mellorar a xestión dos residuos orgánicos nas parroquias para o cal se van repartir 300 composteiros para á veciñanza que os solicite e queira participar do programa de compostaxe.
Esta acción está enmarcada no programa de “Ribeira Composta” que comezou hai uns meses coa inclusión do modelo de compostaxe de fracción marrón dirixido a emprazamentos urbanos no que o residuo remata nunha planta de compostaxe.
A edil Antía Alberte sinalou “este é un primeiro paso pero o noso obxectivo é contar algún día con ter un servizo propio e que esa materia orgánica quede no territorio para, por exemplo, recuperar o solo afectado despois de incendios” e engadiu “en Ribeira temos a sorte de ter moita horta nas parroquias e animamos á veciñanza a empregar os residuos orgánicos na horta para compostalos”.
Por outra banda, a edil Tania Redondo, informou que a maneira de formalizar a petición do composteiro será de forma presencial ou nun formulario a través da páxina web do concello, a petición vai dirixida ao segmento de poboación con vivenda unifamiliar que posúa unha parcela ou xardín, centros educativos e centros de formación.
Os composteiros vanse a repartir aos domicilios persoalmente e tamén se fará unha charla informativa para que as persoas usuarias dos mesmos saiban como utilizalos. Dende o Concello infórmase que máis adiante contarase cun servizo que faga un seguimento dos composteiros para o seu bo uso.
O Concello de Ribeira procura, con esta acción, que a longo prazo se reduza o residuo total e que isto poida supoñer un menor coste do servizo de recollida de lixo para a veciñanza.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas