HomeA CoruñaRibeira dará a benvida ao 2026 cunha festa de Aninovo

Ribeira dará a benvida ao 2026 cunha festa de Aninovo

- Anuncio -spot_img

 Haberá unha carpa instalada en Bandourrío, con música a partir das 01.00 horas

Tralas doce badaladas na noite do 31 de decembro, entraremos oficialmente no 2026 e o Concello de Ribeira quere que a cidadanía o festexe de maneira conxunta, polo que organiza unha celebración na madrugada do primeiro día do ano que se atopa ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025- 2026.

A carpa situada na praza de Pontevedra, en Bandourrío, converterase en epicentro festivo amenizado por Planet Discomóbil, a partir das 01.00 horas, “con xéneros musicais para tódolos gustos”, como indica a concelleira de Cultura, Ana Barreiro. Ademais, repartirase cotillón entre as persoas asistentes.

Segundo explica o edil de Festexos, Fernando Abraldes, “trátase dunha cita tradicional no noso municipio que permite a tódolos veciños e veciñas dar a benvida ao novo ano en conxunto, ao tempo que contribuímos a dinamizar o ocio nocturno. Sempre é unha alegría ver a diferentes xeracións de ribeirenses celebrando xuntas a entrada a un novo ano, bailando, cantando, deixando atrás o que foi e coa esperanza do que deparan os vindeiros 365 días.”

En palabras similares tamén se pronuncia a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, para quen se organiza esta festa “para que a xuventude escolla Ribeira para despedir o ano. Seguiremos traballando para que o noso municipio sexa sempre punto de encontro para diferentes xeracións.”

Publicacións Relacionadas