Home A Coruña Ribeira enche de actividades culturais o mes de maio

Ribeira enche de actividades culturais o mes de maio

- Anuncio -

O Concello de Ribeira presenta o Maio Cultural, unha programación completa por ser o mes das letras por excelencia, mes no que celebramos o Día das Letras Galegas e no que as áreas de Educación e Cultura organizaron actividades vencelladas á promoción da lingua galega e á difusión e posta en valor da cultura galega.

A primeira das propostas, e coa que se abre a programación, é a inauguración este xoves día 2 ás 20:30 h da Décimo cuarta edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Tras pasar por cidades como Braga ou Maia, esta mostra chega agora á nosa cidade para amosarnos os 25 traballos seleccionados de entre os máis dun cento de artistas que se presentaron á convocatoria.

Tamén contaremos no mes de maio, grazas á colaboración coa Deputación da Coruña, coa proxección do documental de Alberto Sacido baseado no escritor Suso de Toro. Teremos a oportunidade o 4 de maio ás oito no auditorio de ver este filme e participar nun coloquio posterior co director e co propio Suso de Toro.

O día 15, coincidindo co pasamento do fillo adoptivo de Ribeira Manuel Ayaso, imos a organizar un pequeno acto solemne na súa lembranza. Será ás oito da tarde no cemiterio municipal e contaremos coa participación de varios escritores e poetas que recitarán versos na súa memoria e unha pequena interpretación musical.

Outra data destacada será ao día seguinte, o 16 de maio, xa que ás oito e media no Centro Cultural Lustres Rivas presentaremos a novela premiada na novena edición do certame de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira” que como sabedes recaeu no escritor Manuel Esteban coa obra “O xogo de Escher”. A todas as persoas que acudan á presentación agasallaráselles cun exemplar da obra. Ademais aproveitaremos a convocatoria para asinar unha nova edición do convenio de colaboración coa editorial Xerais para a posta en marcha da décima edición deste concurso literario.

Na propia xornada do 17 de maio, Día das Letras Galegas, haberá varias accións como non podía ser doutro xeito. Teremos un espectáculo infantil con Pablísimo ás 12 na praza de porta do Sol, unha ruada de música tradicional polas rúas da cidade a cargo da agrupación Tahume, a xornada das letras que se organiza en Aguiño da man da asociación Francisco Lorenzo Mariño e para pechar o día a coral municipal ofrecerá un concerto ás oito e media no auditorio municipal.

Xa no día 18 a compañía Redrum Teatro traeranos ao auditorio a obra “O pequeno Poni” e ao día seguinte, o domingo 19, a asociación cultural Albéniz organizará unha xornada de portas abertas da súa Rondalla. Será de 17.30h a 20.00h na aula de música de Aguiño e durante este tempo os que asistan poderán coñecer o traballo que realizan ao longo do ano e probar os seus instrumentos.

Remataremos o mes de maio o día 31 cun acto tamén no auditorio no que entregaremos os premios do concurso escolar literario das letras galegas aos escolares gañadores en cada categoría e os agasallaremos tamén co espectáculo “A Danza do Verán” de Xoán Curiel”.

Presentaron a actividade as concelleira de Cultura Antía Alberte, a de Educación Cruz Rivadulla, o segundo tenente alcalde Fran Suárez e o concelleiro de Mar Fernando Abraldes

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas