Home A Coruña Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

- Anuncio -

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo.

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, foi o encargado de abrir o acto poñendo en valor traxectoria de Elena Rodríguez, Ángeles Betanzos e Julia Noya das confrarías de Aguiño, Palmeira e Ribeira respectivamente.

Na súa intervención explicou que son as mulleres con máis anos en activo de cadansúa confraría. “Estas mulleres traballaron e seguen a traballar facendo posible que hoxe poidamos dicir con orgullo que Ribeira é mar e posuímos un sector moi forte. Hoxe dicimos que temos un dos portos de baixura máis importantes de Europa e tamén é grazas á contribución das mulleres” explicou Abraldes.

O alcalde, Luís Pérez Barral, aseverou que en Ribeira, onde o mar é unha parte vital da nosa identidade e estas mulleres traballaron incansablemente, a miúdo enfrontando condicións adversas, para mariscar dunha maneira que respecta e preserva o noso medio ambiente. “O seu labor non só garante a calidade e o prestixio dos nosos produtos do mar, senón que asegura que esta tradición se manteña viva para as futuras xeracións”.

Pola súa banda, as homemaxeadas agradeceron o recoñecemento e contaron as dificultades que afrontaron dende que comezaron a mariscar ou como loitaron para puideran ter os mesmos topes que os seus compañeiros homes. Mostraron a súa preocupación polos riscos actuais como pode ser a falta de produtividade nas rías ás que lle hai que buscar solucións ou as ameazas de proxectos contaminantes como pode ser a megacelulosa de Altri.

Dende o Concello aseguran que facer esta homenaxe é un paso adiante cara á igualdade, sobre todo nun sector onde a visibilidade e o recoñecemento a miúdo non corresponde á importancia do traballo realizado, por iso é esencial destacar o papel destas mulleres. Non só son traballadoras, senón tamén líderes, modelos a seguir e piar fundamental das nosas familias e sociedades. “Con este acto de recoñecemento, celebramos non só os seus logros individuais, senón tamén a importancia crucial das mulleres no sector do mar en Galiza”.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas