Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a Cabalgata de Reis, que terá lugar este domingo 5 de xaneiro ás 18 h, 6 da tarde.
Á presentación acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. Este ano faise a estrea dun novo modelo de Cabalgata, “no que como xa avanzamos no seu día, apostamos por incrementar as animacións que participan no percorrido, darlle maior vistosidade, e tamén por abrir a participación nas carrozas á cativada, dando a posibilidade a calquera neno ou nena de Ribeira entre 5 e 10 anos a inscribirse e participar no sorteo, no que saíron elixidos 66 pequenos e pequenas que xa recibiron en préstamo o seu traxe de paxe real en cores verde, azul e vermello facilitando así ás familias que poidan participar neste día especia” sinalou Suárez-Puerta. Polo tanto, xunto coas súas maxestades tamén serán protagonistas todos os pequenos e pequenas que os acompañarán.
Como é habitual as súas maxestades chegarán ao Porto de Ribeira nas embarcacións da ReI Confraría da Dorna, e dende alí irán a pé ata a Rúa de Canarias de onde sairá todo o desfile ás 18:00 h.
A Cabalgata estará formada por seis carrozas de gran formato, das cales tres son as das súas maxestades, unha carroza da Estrela de Belén, unha carroza do Carteiro Real e unha carroza de temática mariñeira. Nelas distribuiranse aos 66 nenos e nenas agraciados no sorteo acompañados de monitorado do concello.
A comitiva estará formada por máis de 300 persoas, xa que ademais das nenas e nenos participantes nas carrozas, contaremos con distintas agrupacións e compañías que se encargarán de encher de música, luz e animación o percorrido nunha forte aposta por dar máis relevancia e vistosidade ao evento.
Así pois este ano se incrementa a música e a animación e haberá 5 charangas e unha banda de música: son a charanga BB+ de Vedra, a charanga Gárgolas de Celanova, a charanga Fanfarria Furruxa de Caldas, banda de música de Ferrol Cristo de la Buena Muerte, a charanga Santa Compaña de Culleredo e a charanga Charandonga de Cotovade.
Se completará o evento con animacións especiais que chegan da man dunha das productoras de máis sona nacional neste eido como é Global Eventus que nos traerá un show espectácular de “Cabalos de Luz” e tamén outro con distintas personaxes do mundo de “Supermario Bross”. Ademais tamén contaremos coa presenza dos “PJ Mask”, que participarán no desfile para facer as delicias dos máis pequenos da casa.
En canto ao percorrido, este ano muda lixeiramente respecto da anterior edición para tratar de chegar a distintas zonas da cidade. Se sairá da rúa de Canarias, e dende alí iremos até a Rotonda de Padín, parque García Bayón ata o Malecón, subirase por Romero Ortiz e percorrerase ao completo a Rúa Galicia, pasarase pola Rúa Canarias, Miguel Rodríguez Bautista, e este ano como novidade, irase pola Avenida da Constitución e Rúa Estatuto chegando así ata o barrio das Avesadas, para despois percorrer a rúa Rosalía de Castro ata Praza do Concello, Rúa Mariño de Rivera e Rúa Talleres Nervión. Aí rematará o percorrido e as súas maxestades baixarán das carrozas para dirixirse á Praza de España onde será a recepción e onde saudarán ao Belén Vivinte impulsado un ano máis pola Asociación Alfaia.
Na Praza de España, onde se atopará o escenario para a recepción dos Reis Magos, teremos o punto de recollida de nenas e nenos perdidos.
Durante o percorrido lanzaranse 2.500 kgs de caramelos sen glute, aptos para celíacos, e o público tamén poderá disfrutar de pequenos espectáculos de fogos artificiais que se irán lanzando en distintos puntos da ruta para dar maior vistosidade ao percorrido; terraza do Mercado Municipal, varadero do Malecón, Centenario e Praza de España.
Fancisco comentou: “tamén dicir que nesta ocasión, e dada a boa acollida que tivo o ano pasado, queremos que este evento sexa unha Cabalgata inclusiva, e para iso en colaboración coa asociación Ágape decidiuse volver a marcar un tramo do percorrido sen ruídos pensado para aquela poboación neurodiverxente ou que teña algún tipo de sensibilidade auditiva e visual. Por accesibilidade e ubicación establecemos esta zona sen ruídos e baixa iluminación na rúa Canarias, dende o cruce da rúa de Galicia ao cruce rúa Miguel Rodríguez Bautista, por onde pasarán sen música todas as carrozas e agrupacións en dirección á rúa Miguel Rodríguez Bautista. Tamén se habilitará estacionamento reservado para estas familias na rúa Cordieiro, polo que aqueles interesados poderán recoller unha autorización especial no departamento de Cultura, entregando o certificado de discapacidade específico”.
Unha vez rematado o percorrido na praza de España, as súas maxestades saudarán as todas as persoas que estean agardando e procederán a realizar o sorteo de 3 Agasallos entre os nenos e nenas que recibiron as súas rifas por visitar ao Carteiro Real, o Apalpador e o Pai Noel nas distintas actividades do Nadal. Ao remate recibirán a todas as nenas e nenos que así o desexen e participen da recepción real un agasallo sorpresa especial.
En canto ao dispositivo de seguridade para este evento contarase como é habitual coa colaboración da Policía Local para a regulación e cortes de tráfico necesarios, de protección civil, grupo GAEM así como dunha ambulancia asistencial durante todo o percorrido. “Ademais agradecemos a todos os veciños e veciñas que actúen con cautela e precaución sobre todo durante o paso das carrozas polas rúas máis concorridas para evitar aglomeracións, caídas ou calquera outra situación de risco” engadiu Suárez-Puerta. No caso de chuvia poderase acortar o percorrido ou incluso suspender dependendo das condicións climatolóxicas si son moi adversas, neste caso a recepción e distintas actuacións cun festival de Reis coas agrupacións participantes serían no AUDITORIO MUNICIPAL, polo que pedimos á xente que estea atenta á web municipal e redes sociais do concello para estar ao día dos cambios que poidan producirse.