HomeA CoruñaRibeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

- Anuncio -spot_img

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios.

No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes; un recoñecemento obtido no 2015 e
que se mantivo ao longo destes anos dado que “é unha cidade que busca de forma sistemática e deliberada facer cousas novas ou facer as mesmas cousas de maneira diferente, plantexándose retos significativos e desafíos que aporten valor á cidadanía e á sociedade no seu conxunto e dándolles resposta a través de proxectos de innovación e desenvolvemento urbano”, destaca a alcaldesa, María Sampedro.

Nos últimos anos procedeuse coa instalación de cargadores móbiles na vía pública, implantación dos sistema de cartelería dixital, pasos peonís intelixentes, mobilidade sostible, a rehabilitación da casa consistorial, a posta en marcha da Aula CeMIT ou os bonos AmaRibeira, entre outras moitas intervencións.
“Medidas en materia de infraestruturas e servizos sempre coa mirada posta nunha Ribeira máis intelixente, sustentable, turística e humana”, remarca a rexedora.

Máis dunha década de traballo

Ribeira Atlántica 2015 marcou a folla de ruta para definir o futuro da cidade, dándolle continuidade co Máis Ribeira Atlántica apostando pola Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), ambos financiados con fondos Feder.

O novo paradigma que trouxo consigo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) impulsaron a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica no ano 2022, para nos anos posteriores, financiar actuacións definidas no Plan de Acción Local da Axenda Urbana a través de Fondos Next Generation e continuar avanzando agora mediante a Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local “Ribeira Atlántica 2030”. Outros programas nos que se atopa inmersa a Administración local ribeirense son o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) e o Programa de Transición Enerxética.

A distinción permite a Ribeira formar parte da Rede Innpulso, xunto con outras 100 cidades de España, ademais de beneficiarse da exclusiva financiación que permite dispor dun Axente Local de Innovación.

Publicacións Relacionadas