No pasado mes de outubro, o Concello de Ribeira informaba da adxudicación dun estudo integral para a nova sinalización do municipio, a actuación contemplaba a elaboración dun plan de sinalización integral para a mellora da imaxe xeral da contorna e que transmita unha información clara, comprensible e veraz ás persoas. Neste senso, aquelas persoas que acceden ao municipio en vehículo ou que visitan por primeira vez Ribeira deben poder apoiarse nunha sinalización actualizada, comprensible e que ademais non xere un impacto visual negativo na contorna.
Oito meses despois desta adxudicación e co estudo previo realizado, o goberno local informa de que se adxudicou a execución do Plan Integral de Sinalización de Ribeira seguindo a directrices do estudo.
No devandito estudo identificáronse 154 sinais que necesitan algún tipo de intervención de acordo aos obxectivos do Plan de Sinalización Turística de Ribeira; tamén se proporciona unha gran variedade de datos como pode ser o análise de resultados do inventario que revelou que a maioría dos sinais son turísticas e direccionais, cunha notable dispersión no territorio. A parroquia de Ribeira concentra a maior cantidade de sinais, 67 sinais turísticos (44%) e 60 direccionais (39%), a maioría son sinais illados (108 sinais, 70%), Ribeira ten 41 sinais (27% do total) e a intersección de Xaras ten a maior concentración de sinais (18).
Detectáronse problemas como a convivencia de diferentes formatos de sinalización, sinais en mal estado e redundancias informativas. Tamén se observou a falta de mantemento en sinais comerciais, hai 48 sinais que teñen máis de 15 anos e non cumpren co manual actual, rexistráronse 75 sinais sen coincidencia con outros indicadores.
A acumulación de sinais en interseccións xera impacto visual negativo polo que se no estudo recoméndase a retirada de sinais en mal estado e a regulación da sinalización comercial.
No estudo faise referencia á oficina de turismo de Ribeira que presenta deficiencias na súa sinalización e visibilidade, o que dificulta a atención aos visitantes polo que os estudo propón melloras para optimizar o seu funcionamento.
As conclusións do diagnóstico de sinalización conclúe que varias problemáticas afectan a sinalización turística en Ribeira, destacando a necesidade de unificación e mantemento. Existen diferentes formatos de sinalización que xeran confusión, moitos sinais están en mal estado e requiren mantemento, identificouse a necesidade de mellorar a sinalización direccional a recursos turísticos e sobre todo recoméndase unificar terminoloxías e retirar sinais redundantes.
Segundo informou o alcalde, na execución do plan, priorizarase o reciclado de materiais e soportes; optarase polo vinilado de sinais en bo estado e a reparación de sinais existentes, agrúpanse indicadores en soportes tipo tótem para minimizar o impacto visual, retíranse sinais innecesarios e elimínanse redundancias e finalmente unificáranse os sinais turísticos conforme ao vixente Manual de Sinalización de Galicia.
A execución do proxecto foi adxudicado á empresa Benito Urban S.L. por un total de 106.424,70 euros, IVE incluído dos fondos adxudicados polo Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea Next Generation da EU e cun prazo de execución de 4 meses.